A escola de música introduce a batucada como nova disciplina para o próximo curso 2020/21

A Batucada e Música Moderna Improvisación son as dúas disciplinas que introduce como novidade para este próximo curso 2020/21 a Escola de Música Municipal do Carballiño, e cuxo prazo de preinscrición de matrìcula, que comezou o pasado 25 de xuño, segue aberto.

Para matricularse na asignatura de Batucada só hai que ter oito anos cumpridos e sen outro límite de idade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para formalizar as inscricións, hai que solicitar cita previa chamando ao teléfono do concello 988 530007 ext. 327 (área de Educación).

As idades mínimas para comezar os estudios no Conservatorio son os 8 anos, e na Escola de Música, os 6 anos no relativo a Música e movemento, e 7 anos para instrumento. Ademais, as disciplinas e especialidades que se poden seguir son: frauta travesera, saxofón, clarinete, trompeta, tuba, trombón, trompa, bombardino, violín, viola, guitarra, piano, percusión, canto, música e movemento, linguaxe musical preparatorio e linguaxe musical adultos.