Un convenio entre o concello e club deportivo Arenteiro permite mellorar a escola de fútbol

O Concello do Carballiño e o Club Deportivo Arenteiro veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá a mellora da xestión da Escola de Fútbol, que será traspasada íntegramente á entidade que preside Argimiro Marnotes. O crecemento no número de fichas de alumnos da escola pasou dos 130 de 2019 a superar os 300 na actualidade. Asemade, o convenio tamén favorecerá a ampliación do aforo no campo de Espiñedo, mediante a colocación dun novo graderío.

O convenio foi presentado na mañá de onte polo alcalde, Francisco Fumega, e propio Marnotes, que estiveron acompañados pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, e o responsable da Escola de Fútbol, Manuel Cid.

AVANTAR ACTIVIDADES