Aberto o plazo para presentación de solicitudes de subvencións de reactivación do tecido empresarial e comercial de Ribadavia.

Hoxe sale publicado no BOP:

Publicidade

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria realizada o pasado 29 de xuño de 2020, aprobou as Bases reguladoras da convocatoria do Programa de subvencións de reactivación do tecido empresarial e comercial de Ribadavia.

Requisitos: os establecidos nas bases. Prazo de presentación de instancias: quince (15) días hábiles dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Lugar de presentación: as solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia ou de forma presencial a través do rexistro de entrada do Concello de Ribadavia, situado en praza Maior, 4.

Bases da convocatoria: expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do Concello.

Entre os requisitos básicos para poder optar a estas axudas atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Ribadavia.

Toda a información relativa a estas axudas poderá consultarse na web municipal no enlace http://ribadavia.es/programa-de-subvencion-de-reactivacion-do-tecido-empresarial-e-comercial-de-ribadavia/