O Bop de hoxe publica a seguinte convocatoria
Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica:
1.- Número e denominación das prazas: brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais composta por: – 1 xefe/a de brigada, – 1 peón condutor. – 3 peóns
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do Concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.