Dizmar constrúe no Carballiño a cuberta do novo estadio do Mallorca

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Real Mallorca comezou neste 2022 co proxecto de remodelación do estadio de Son Moix e que rematará en xaneiro de 2024. Este 5 de maio realizou o acto de inicio das obras de reforma.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os traballos desta primeira fase consistirán na execución dunha nova bancada só na parte baixa da bancada do Sol, cunha nova inclinación co fin de achegar aos espectadores a tan só 8,5 metros do terreo de xogo.

A empresa do Grupo Dizmar, situada no parque empresarial da Uceira, no Carballiño, é a encargada da realización da nova cuberta da Tribuna Sol. Non é a primeira vez que grandes proxectos confían nesta empresa da vila, xa que temos que recordar que no 2020 rematou en 25 días a construción da estrutura metálica do novo Hospital Pandémico de Madrid.

A planta de Dizmar no Carballiño conta cun plantel de 200 traballadores e actualmente desenvolve proxectos para Ghana, Uruguai, Estados Unidos e Canadá, ademais de ser un piar fundamentar de desenvolvemento económico e de postos de emprego para xente da contorna.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------