Presentarana os concelleiros do PP e do PSOE, tras as eleccións galegas.
O alcalde proposto sería o candidato do PP, un dos enchufados na deputación de Ourense, con sentenza desfavorable por pretender consolidar postos de forma discrecional polo clan Baltar.
Nun momento histórico, o PSOE de Castrelo de Miño adica os seus esforzos a botar a un alcalde nacionalista, antes que a cambiar a un presidente da Xunta do PP.
O PSOE rexeitou antes da actual investidura, o convite formal do BNG para que formasen parte do goberno municipal.
Por moitos lavados de imaxe pública que pretenda facer o máis novo do clan Baltar, nestas situacións podemos comprobar como continúan as estratexias caciquís máis rancias e a compra de vontades e persoas no rural ourensán para cambiar gobernos lexítimos.
Os veciños e veciñas de Castreo de Miño non apoirían nunca este novo goberno antinatural, xa que tras 12 anos de goberno nacionalista, o electorado das forzas políticas de esquerdas e nacionalistas nas eleccións municipais do ano 2019 foi do 61,05% (BNG 33,82 % e PSOE 27,23 %) e tendo unicamente o PARTIDO POPULAR o 33,53% dos votos.