Hoxe remata o prazo para entregar os contos cos que o concello de Maside editará un libro sobre a experiencia do confinamento dos cativos

IES CHAMOSO LAMAS

O concello quere coñecer de primeira man cómo os cativos e cativas dese concello están a pasar este longo confinamento nas súas casas e tamén cómo viven a volta as rúas. Para elo, lles pediron hai un mes, aos nenos de ata 14 anos, que lles escribiran un relato de como estaban a pasar os días de confinamento e tamén as primeiras saídas. Os cativos poderán ser axudados polas súas familias, fomentando así o traballo en equipo.

VIDEO

OZOCOgz Deseño Galego

Os relatos deberán ter un tamaño mínimo de dúas páxinas A4 e máximo de cinco. Poderán vir acompañados dun debuxo. Deberán indicar nome, apelidos e idade dos relatores. O prazo de presentación dos “Contos Confinados” rematará mañá venres 29 de maio ás 14h. Xa hai mais de dez contos presentados. Poden facelos chegar ó enderezo electrónico: cultura@concellodemaside.gal ou por correo ordinario ao concello.

Unha vez rematado o prazo de recepción de traballos, procederase á súa publicación nun libro recopilatorio e na páxina web do Concello de Maside. Tódolos participantes recibirán un agasallo ademais dunha copia do libro editado.