A oficina de turismo da alameda permanecerá aberta todos os días ata o mes de Setembro

A oficina municipal de turismo da Alameda comeza hoxe a tempada de verán e permanecerá aberta todos os días ata mediados do mes de setembro, e o fará en horario de mañá e tarde, agás os domingos e festivos nos que só abrirá pola mañá.

Estes horarios son os seguintes: de luns a venres, de 10,30 a 13,30 e de 17,00 a 20,00 h.; domingos e festivos, de 11,00 a 14,00 h.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, garántense as medidas de seguridade e prevención para turistas e traballadoras ante o covid 19.

A oficina, que será atendida por dúas mulleres técnicas de turismo, contratadas polo concello mediante un convenio coa Xunta de Galicia, conta cunha nova decoración ao exterior, exhibindo fotografías dos monumentos e lugares de maior interese da vila como son o parque municipal, o templo da Veracruz, o parque etnográfico do Arenteiro e os dous balnearios, entre outros.

A raíz da construcción do novo parque infantil, que precisou ampliar o espazo que ocupaba anteriormente, esta oficina tivo que desprazarse uns metros, e aproveitouse esta circunstancia para renovar a súa imaxe, que a partir de agora resulta máis consubstancial coa función que desempeña.