Na Comisión de Cultura da Deputación de Ourense abordouse a ratificación da decisión de incorar o expediente para o outorgamento, a título póstumo, da distinción de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense ó cineasta José Luis Cuerda, solicitando designar á deputada provincial Patricia Torres como instrutora do expediente.

Publicidade

Esta mesma comisión tamén aborda a proposta da concesión da medalla de ouro da provincia ó lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz.