Abel Caballero chama a ter un “aliado” socialista na Xunta de Galicia para que Ourense teña o cambio que merece a partir do 12 de xullo

O alcalde socialista de Vigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra visitaron hoxe O Carballiño e a cidade de Ourense acompañados de Marina Ortega e Juan Carlos Francisco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo hoxe durante unha visita ao Carballiño e á cidade de Ourense, que o próximo domingo precisamos un aliado no goberno galego e a máxima mobilización para que a provincia poida ter desde a Xunta de Galicia o cambio que merece. Foi durante un paseo pola vila do Arenteiro donde estivo acompañado pola candidata número 1 pola provincia ao Parlamento, Marina Ortega; o canditato número 2, Juan Carlos Francisco; o alcalde, Francisco Fumega; e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Abel Caballero insistiu en que os socialistas ourensáns precisan “aliados na Deputación ourensá e no goberno de Galicia” para ter unha “gran palanca a favor” e destacou que “se todos e todas imos na mesma dirección somos imparables”. Finalizou trasladando o apoio do Concello de Vigo: “tedes proxecto, forza e gañas”, asegurou. O socialista resaltou tamén a valía e a figura da candidata cabeza de lista ourensá ao Parlamento de Galicia, Marina Ortega, e fixo un chamamento á mobilización nas urnas o vindeiro domingo, 12 de xullo.

Logo desplazouse ata a capital onde visitou o stand electoral situado na Rúa do Paseo e as prazas e rúas do casco vello onde insistiu na importancia de “facer política ao lado da xente, nas rúas, e sabendo o que lle pasa á xente”. Caballero resaltou “o nexo de cercanía e continuidade” entre Ourense e Vigo que cualificou como “as cidades máis bonitas do mundo”, polo que resaltou novamente a importancia de traballar xuntos “porque temos moitas cousas que facer”.