Ponse a disposición de Galicia e dos galegos que queren que a nosa Comunidade siga unida e que, o próximo domingo, saia gañando
- Sinala a importancia de contar cun Goberno que ofreza seguridade, debido ao momento que estamos atravesando de enorme incerteza sanitaria, económica e social
- O líder do PPdeG pediu o voto da cidade e da provincia de Ourense e fíxoo, apuntou, “como un ourensán máis”, para aportar seguridade os próximos catros anos en Galicia.

- E é que, tal e como indicou, é importante un Goberno que ofreza seguridade á Comunidade, debido ao momento que estamos atravesando de enorme incerteza sanitaria, económica e social.
- “Queremos un equipo que leve no Parlamento tempo e que saiba en que consiste o Goberno de Galicia”, indicou. Así, puxo en valor a experiencia das persoas que conforman a candidatura por este provincia.
- O líder do PPdeG avogou por continuar a modernización da cidade e finalizar, así, os proxectos que están en curso.
- Neste punto, Feijóo aproveitou para render contas e poñer en valor o balance feito na urbe nos últimos anos. Tras destacar o edificio de hospitalización e o centro de saúde no Couto, salientou que hai que finalizar a remodelación integral do Complexo Hospitalario.

- Con respecto aos investimentos no eido educativo, apuntou ao primeiro Centro de Formación Profesional; e no que respecta ao ámbito social, á residencia da terceira idade, que se empezará a construír unha vez que a estación de autobuses se traslade á estación intermodal.
- “Queremos que Ourense sexa a capital do deporte, ademais do piragüismo, tamén do atletismo en pista cuberta”, indicou Feijóo, quen se referiu, ademais, a que a chegada do tren de alta velocidade servirá para conectar a urbe coa península e de Europa.
- Así, Feijóo púxose a disposición de Galicia e dos galegos que queren que a nosa Comunidade siga unida e que, o próximo domingo, saia gañando.
- Rematou pedíndolle aos galegos que vaian votar: “Pídolles 15 minutos para exercer o seu dereito a voto e a responsabilidade de ir moldeando a Galicia que queremos”.
- “Veño apoñerme a disposición de Ourense e de Galicia. Agardo que Ourense decida por Ourense e que, ao final do reconto, Ourense e Galicia gañen”, finalizou.