O PP reclama a apertura dos parques infantís e o inicio dos programas de conciliación

A formación declara que a totalidade de Concellos da contorna, con moita menos poboación, xa contan con campamentos para os máis pequenos en marcha e engaden que non se poden utilizar aínda os parques infantís porque dende o Concello non foron capaces de organizar un protocolo de apertura dos mesmos.

Aseguran que o concello do Carballiño está quedando en evidencia ante os seus propios veciños/as porque soamente son capaces de poñer en marcha aqueles servizos que teñen externalizados. Ricardo Perea, o voceiro popular do Concello amosou a súa preocupación por cómo se estaba a xestionar a volta á normalidade en moitos aspectos no Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES