Ourense, capital do movemento maker para fomentar o emprendemento

Maria Teresa Garrido
Ás 10.30 horas: Presentación do proxecto europeo "Emprende Makers".- No salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do proxecto europeo de cooperación transfronteriza "Emprende Makers" (programa INTERREG V A España Portugal). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da secretaria xeral de Emprego - Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e da concelleira de Educación e Promoción Económica do Concello de Ourense, Mª Teresa Rodríguez. Trala presentación, desenvolverase a mesa "O movemento maker ante a pandemia do COVID-19".

A Deputación de Ourense converte a Ourense na capital do movemento maker para fomentar o emprendemento coa organización da Semana Maker que se celebra do 15 ao 17 de xullo e que inclúe a presentación do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza “Emprende Makers” (programa INTERREG V A España Portugal), que tivo lugar hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou na xornada de lanzamento desta iniciativa afirmando que o obxectivo da mesma é “fomentar o emprendemento para crear novas iniciativas empresariais que aposten pola innovación”. No acto de presentación deste proxecto europeo tamén participou a secretaria xeral de Emprego – Xunta de Galicia, Covadonga Toca; a concelleira de Educación e Promoción Económica do Concello de Ourense, Mª Teresa Garrido; ademais de representantes das Universidades de Vigo e do Minho, así como das Cámaras Municipais de Portugal: Paredes de Coura, Famalicao e Melgaço.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento, organizado pola Deputación de Ourense e cofinanciado ao 75% polo FEDER da Unión Europea, aposta por fomentar o emprendemento entre os máis novos. Para iso, Emprende Makers contempla a creación e o desenvolvemento dunha Rede de Emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital e  prototipado da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.