Espazo Común Galeguista aposta por crear oportunidades para mozos e mozas, fronte a partidos “que queren converter a Ourense no gran xeriátrico de Galicia”

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, sinalou que na provincia de Ourense cada ano temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais defuncións que nacementos.
“Precisamos oportunidades para a xente xove emprego xuvenil, crear vivendas, plans de
conciliación para que a xente nova poida ter oportunidades para desenvolver a súa vida”,
afirmou Vázquez.
Indicou que “non queremos esmolas para seguir facendo cada vez mais xeriátricos, queremos oportunidades para ter solo industrial, crear emprego de calidade, e que os mozos e mozas podan ter oportunidades de vivir con dignidade na súa terra”.