AXENDA CULTURAL FIN DE SEMANA

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, este sábado día 18 de xullo ás 21,30 h na explanada do Parque municipal terá lugar a representación da compañía MAR ROJO TEATRO ca obra AZUL E A REVOLUCIÓN DAS CORES  

destinada a un Público infantil e familiar a partir dos 5 anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O domingo, día 19 de xullo ás 20,00 h na explanada do Parque municipal será o turno da compañía TROULA representando UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA para un público infantil e familiar.

Ambas actividades son de interese para asistir en familia, e terán lugar con aforo limitado e cumprindo todas as medidas de seguridade e prevención  polo covid 19. Así, o recinto estará vallado e desinfectado, haberá hidroxel para desinfectar as mans e deberanse usar máscaras.

En Ribadavia, hoxe dan comezo dez días de representacións coa inauguración da MIT con obras ao aire libre; tamén o Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle o sábado ás 21:30 horas, a actuación de “Sueños de Ítaca” dentro do ciclo d emúsica Solpores no Náutico. E o domingo, ás 22:30 horas dentro da actividade de Cine de Verán, será a proxección do filme María Solinha.

Ademáis, tamén informamos da programación que ten o Novo Cine de Leiro para os próximos días, co filme ¡Scooby!