O Concello de Boborás reforza a súa protección fronte ós lumes

O Concello de Boborás conta dende o sábado con dúas brigadas de incendios. En total 10 persoas que traballan segundo os cuadrantes establecidos dende o Distrito Forestal.

Publicidade

A prevención é fundamental, e mentres non hai lumes ambas brigadas traballan no desbroce dos núcleos e camiños. Xa fixeron traballos en Fondo de Vila e a Fenteira por exemplo e seguirán así cumplindo o plan de actuación.

Son 3 meses de contrato, pero a Conselleria do Medio Rural traballa para que próximamente estas brigadas estén durante 6 meses reforzando así as labores de prevención contra os lumes.

Tamén contamos co apoio dunha brigada da Mancomunidade que comezarán cos traballos na parroquia de Xendive ata completar a mesma e pasar a seguínte.