Esta medianoite entran en vigor as medidas de alivio en toda Galicia

O novo paquete de medidas de alivio para os galegos entrarán en vigor ás 00:00 horas deste sábado, é dicir, esta medianoite.

O alivio consistirá en que non haberá límites de reunións de persoas tanto en interiores coma en exteriores. Queda anulada a prohibición de reunións entre a 01:00 e as 06:00 horas. Todos os establecementos de hostalaría poderán abrir ata a 01:00 horas, igualando o horario cos restaurantes. E, por último, amplíase o aforo en hostalaría a seis persoas en interiores e a 15 en exteriores.

AVANTAR ACTIVIDADES

A pesar deste alivio das medidas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pide prudencia, para non voltar atrás logo de todo o conseguido nos últimos meses.