O entorno da Veracruz contará cun busto do seu creador, Antonio Palacios

Logo de 75 anos do pasamento de Antonio Palacios, o Concello do Carballiño decidiu que o ano 2020 debía ser o do recoñecemento a un artista que sen dúbida deixou a súa pegada na vila. O Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, foi diseñada polo arquitecto no pasado século.

O concello comezou o recoñecemento cun exitoso concerto en marzo da  Escolanía de Segovia, que deu lugar á apertura do Festival Internacional de Música “Pórtico do Paraíso”, ao que seguiron outros das corais do Carballiño. Tamén se editaron uns folletos divulgativos sobre o Templo da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora, o Concello do Carballiño pretende pechar esa homenaxe colocando un busto de Antonio Palacios no entorno do templo e levará a cabo unha conferencia sobre a vida e obra do artista cando a situación  sanitaria o permita.