O Parque Náutico de Castrelo acolleu a cata das Distincións Gallaecia 2020 e a elaboración da Guía Luis Padín 2021

O espazo Turcastrelo, ubicado no Parque Náutico de Castrelo de Miño, foi o escenario dunha cata previa á concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2020” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2021 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 126 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos, tintos e tostados que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados. Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos, que pasarán a á cata final que se celebrará a principios de setembro en Fisterra.

Publicidade

Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como unha das máis interesantes. “Os viños brancos desta colleita no Ribeiro son de altísima calidade, destacando a súa finura, elegancia e tipicidade. É de sinalar tamén que contan cun gran potencial de garda. Os tintos son moi equilibrados e de moita calidade, e neles percíbese a fenomenal evolución de anadas anteriores.”