Nota informativa do Psdeg-Psoe de Pereiro de Aguiar sobre recollida de residuos

OS SOCIALISTAS DE PEREIRO DE AGUIAR SOLICITAN AO CONCELLO QUE TOME MEDIDAS COA RECOLLIDA DE RESIDUOS PROCEDENTES DE XARDÍNS E RESTOS ORGÁNICOS

Os socialistas demandan que non haxa “veciños de primeira e de segunda” e insta á Deputación de Ourense e ao concello de Pereiro de Aguiar a que “melloren o convenio de basuras para que tódolos cidadáns poidan reciclar”

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro socialista pide tamén a aplicación da “directiva europea sobre resíduos” cun contenedor marrón, específico para residuos orgánicos

O PSdeG-PSOE insta ao Concello de Pereiro de Aguiar a que tome “medidas e solucións”,  coa problemática da recollida dos residuos procedentes de xardíns, como céspede, restos de podas ou follas e outros lixos que se acumulan frecuentemente nos arredores dos contenedores dos pobos e urbanizacións  do concello e solicitan “medidas contundentes a unha problemática agravada especialmente nos meses de primavera e verán, ao existir no municipio un gran número de vivendas e urbanizacións con xardíns” que levan “anos demandando tanto a agrupación socialista coma a veciñanza da contorna”, explica o voceiro Jorge Gutiérrez.

Entre as medidas que levan os socialistas anos demandando, deféndese que se implemente un “servizo de recollida gratuito de residuos vexetais  para a súa correcta xestión como abono ou outros usos, como xa realizan outros concellos cunha problemática similar” para evitar, así, o “colapso, a saturación e a suciedade dos contenedores de lixo de Concello” que enchen as rúas e estradas ao longo do concello,  e que mesmo a súa vertedura incontrolada xera riscos de incendio.

Este feito vese agravado polo “retraso que se ven producindo do servizo de recollida de lixo e limpeza” onde permiten que se deixen os residuos acumulados nas rúas pasando varios días sen que pasen a recollelos, explican. Debido a esta situación reclaman tamén ao concello, unha “campaña de información e concienciación ambiental entre a poboación”, para o uso correcto dos distintos contedores, unha maior  utilización do punto limpo existente en Pereiro na localidade de Vilaboa, e da recollida a domicilio de residuos voluminosos como mobles ou colchóns, co fin de fomentar e aumentar a reciclaxe. Así mesmo, dende o grupo municipal fan un “chamamento á responsabilidade e cooperacón da veciñanza para que eviten o colapso e non depositen os residuos fóra dos contenedores”

Os socialistas demandan tamén que non haxa “veciños de primeira e de segunda” e todos teñan aceso aos mesmos dereitos medioambientais e insta ao goberno do concello de Pereiro de Aguiar a que “mellore o convenio actual coa Deputación Provincial de recollida de lixo, para que tódolos cidadáns teñan acceso aos contenedores de reciclaxe” de vidro, envases e papel xa que, na actualidade, non todas as poboacións do municipio dispoñen dos devanditos contedores, obrigando aos seus habitantes a terse que desprazar nalgunha ocasión ata dous quilómetros para poderen depositar os residuos reciclabeis.

Implementación da directiva europea de “contenedores” de materia orgánica

Por outra banda, o voceiro socialista pediu tamén anticiparse ao cumprimento da normativa europea sobre a reciclaxe do lixo orgánico, instalando contenedores específicos para residuos orgánicos, o coñecido como o contenedor marrón, asi como, renovar e substituír os contedores deteriorados actualmente existentes.