A Fundación Vicente Risco, en colaboración co Concello de Ourense, ca Fundación Nós, co Cine Club Padre Fijoo e ca Biblioteca Pública de Ourense, poñen en marcha un ano máis o evento “Vicente Risco e as xornadas históricas 2020”. Esta iniciativa celebrarase os días luns 14 de setembro, mércores 23 e xoves 24 e todavía se aceptan inscripcións para poder participar nelas. Pode facerse este proceso a través do correo electrónico luisrisco@fundacionvicenterisco.com.
A primeira sesión será unha toma de contacto ás xornadas, para a que teñen reserva garantida as persoas que se inscriban nas xornadas. Este día constará da proxección do filme “Berlín. Sinfonía dunha grande cidade”, que contará ca actuación de música en directo a cargo de Caspervek. Esta actividade será da Casa da Cultura de Ourense, na antiga biblioteca, ás 20:30 horas.
As xornadas terán lugar os días 23 e 24, constando de varias conferencias. No primeiro día, o mércores 23, haberá dúas conferencias na Biblioteca Pública Nós, unha ás 20:00 horas e outra ás 21 horas, ambas con aforo pechado para 20 persoas. A primeira delas leva o título de “Vicente Risco e a creación dun imaxinario galego”, e estará impartida por Iria-Friné Rivera, hostoriadora de arte e fotografía. A segunda será a presentación do libro “A orixinalidade radica na orixe. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco”. Na presentación particparán a historiadora Iria-Frené Rivera, autora do libro; Luis Martínez Risco, presidente da Fundación e Felipe Senén.
Na segunda xornada, a do xoves, haberá tamén dúas conferencias, ás 20:00 horas e ás 21:00 horas, ambas na Biblioteca Pública Nós e con aforo para 20 persoas. A primeira leva o título “Vicente Risco, o oriente e o celtismo”, a cargo de Felipe Senén, historiador de arte e museólogo. A segunda leva o título “A música e a danza nos compositores e artistas galegos dos anos 20 e 30”, a cargo de Ramón Rodríguez, músico e arquiveiro.