No programa de hoxe, o concelleiro de Cultura detalla a programación cultural para o que queda de mes de xullo e para agosto. Este noite, día 23 de xullo, ás 22,30 h., na Praza Maior, dará comezo o ciclo de Cine na Rúa coa película de Ignacio Vilar, María Solinha, que ven de ser premiada no 2020 Taormina Film Fest,en Sicilia, Italia.

Todas as proxecións desenvolveranse na Praza Maior,  con entrada libre, aforo limitado e cumprindo as medidas de separación e seguridade establecidas polo covid 19. As sesións darán comezo ás 22,30 h.

OS CONCERTOS DO CICLO DE MÚSICA “FEITO NO CARBALLIÑO” DESTA FIN DE SEMANA CELEBRARANSE NA PISTA “ROXA” EN VEZ DE NA PRAZA DA VERACRUZ

Debido á celebración do Rally de Ourense, que ocupará este sábado a Praza da Veracruz cos vehículos participantes, os concertos deste venres, sábado e domingo, previstos inicialmente para celebrarse no anfiteatro desa praza, terán lugar na “Pista Roxa”, na praza do Emigrante.

CICLO DE MÚSICA “FEITO NO CARBALLIÑO”

         Día 24:

        4 MAL QUARTET JAZZ ás 20,00 h

          DJ TIBU ás 21,00 h

         Día 25: 

        MARTA BRAVO E SERGIO TANKE ás 11,30 h

        BAHÍA AZUL ás 19,30 h

        CONCERTO ROBERTO SOBRADO (RGTA) – ELECTRO-TRAS-NÓS ás

             20,30 h

          LA REINA DEL BUDÚ ás 21,30 h

        SUSSIE Q´s ás 22,30 h

Día 26:

        SKADELOS ás 19,30 h

        SUEÑOS DE ÍTACA ás 20,30 h

        IMPOSSIBLUES ás 21:30 h