Romaría da Madanela, un ano diferente

A parroquia de Santa Uxía de Lobás, no municipio do Carballiño, celebrou a Romaría de Santa María Madanela. Centos de devotos do Carballiño e comarca acuden cada ano á Carballeira da Madanela para asistir ós cultos relixosos que se inician ás 08,00 horas, culminando a las 12,30 cunha misa solemne e procesión, e también para disfrutar dunha xornada campestre, da boa gastronomía e da música de charangas.   

Publicidade

Este ano a celebración vese afectada pola crise sanitaria do coronavirus, tanto na limitación de alfuencia coma na oferta de actividades. As misas e os horarios mantivéronse durante toda a mañá. Dende o concello quixeron concienciar sobre o risco sanitario das aglomeración e recomendaban non acudir en masa a comer no recinto. Os devotos que acudiron ó lugar comentaron a “tristeza” de ver esta romería como se podía ver hoxe comparado cos seus grandes anos.

Pola súa parte, comerciantes e pulpeiros que se achegaron ata a zona comentan a falta de xente desta edición e as escasas ventas, asegurando algúns que se non tiveran pedidos encargados xa non acudirían.