A formación asegura que case tódolos alcaldes da contorna tomaron xa algunha medida neste eido excepto Rubén Gómez, alcalde de San Amaro.
Nos vindeiros días, o voceiro de Espazo Común no Concello de San Amaro, Fausto Alén, rexistrará un escrito para demandar ao goberno municipal a creación dunha serie de liñas de axuda para todos aqueles cidadáns que, dun xeito ou doutro, sufren as consecuencias da crise do COVID-19.
Espazo Común asegura que faise imprescindible para fortalecer ás pequenas empresas do noso pobo e ás familias máis desprotexidas que as institucións se impliquen con medidas concretas que garantan que ninguén quede atrás nunha situación tan delicada como a que estamos a vivir.
Polo tanto, recalcan que é fundamental o papel dos concellos neste momento. A formación di que na contorna xa foron varios os que habilitaron liñas de axuda para pemes, autónomos e familias e recalcan que o San Amaro xa vai tarde.
Fauso confirma a incertidume máxima entre a poboación e di que non se debe agardar a que a situación sexa irreversible. Hai que actuar xa.