Nove participantes nun procedemento de contratación no concello do Carballiño presentan un escrito de reclamación

Un grupo de participantes no procedemento que ven de levar a cabo o concello do Carballiño para a contratación de operarios de limpeza viaria no concello do Carballiño veñen de presentar unha reclamación conxunta contra a resolución publicada polo concello ao entender que se cometeron irregularidades “coa valoración que se fixo da documentación aportada por todos os aspirantes”.