“Pon unha foto na rúa 2020” xa está na rúa do Paseo

As fotografías sacadas polos integrantes da Asociación Fotográfica O´Potiños hai unhas semanas con motivo da iniciativa “Pon unha foto na rúa 2020”, xa se poden ver nas vidrieiras dun local da rúa do Paseo.

A exposición permanecerá neste lugar durante este mes e o de agosto, e a continuación lles serán entregadas ás persoas que posaron para ser fotografadas no set da Praza Maior o domingo da iniciativa.

AVANTAR ACTIVIDADES