As Xornadas Gastronómicas terán un concurso fotográfico e de debuxo infantil

As Xornadas Gastronómicas que sustitúen esta edición da Festa do Pulpo presentan o Concurso de fotografía «El mejor pulpo nunca falta en O Carballiño» e o concurso de debuxos infantís “¡Qué es para ti el pulpo!”. Para participar en ambos haberá que rexistrarse mediante o formulario da páxina web da festa do pulpo, subir o debuxo ou fotogra´fia e compartilo cos teus amigos.

Publicidade

No caso do concurso foográfico, sube sube as túas fotos ata o domingo 09-08-2020 e vota ata o domingo 16-08-2020. As 10 fotografías máis votadas recibirán un paquete de Gadis “Vivamos como galegos”.

No caso do concurso de debuxos, que é para menores de 14 anos, pódense subir os debuxos ata o día 9 e votaránse ata o día 14. Os tres máis votados recibirán vales de compra no Centro Comercial Aberto do Carballiño.