Ribadavia inicia o cambio do sistema de alumeado a LED

Esta semana o concello de Ribadavia iniciou a obra de eficiencia enerxética no alumeado público das localidades de Francelos e San Cristovo. Unha obra que supón un investimento total de 117.663,43€.
Con esta obra cambiaranse 218 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, ademáis de cambiar 1440 metros de liña aérea trenzada deteriorada e a substitución de 4 cadros eléctricos, ademáis doutras actuacións complementarias en soportes.
Esta obra responde coas esixencias lumínicas do regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior, e pretende reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación en a lo menos un 30%, e reducir o consumo de enerxía primaria e de emisión de gases de efecto invernadeiro, ademáis de regular os niveles de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns.
O concello solicitou tamén ao IDAE unha obra para substituir, de vez, todo o resto do alumeado de todo o concello de Ribadavia a tecnoloxía LED. Un proxecto ambicioso con un orzamento superior aos 600.000€.

Publicidade