Nove positivos por covid-19 poñen ó Arenteiro en cuarentena

A pasada semana, segundo os test realizados de xeito periódico ós xogadores do C.D. Arenteiro, rexistrábanse tres contaxios de covid 19 no plantel. O equipo iniciou o protocolo sanitario e foron alertadas as autoridades pertinentes. Tralo rastrexo de contactos feito polo Sergas, hoxe era o propio club o que actualizaba os datos, que xa ascenden a nove contaxiados. Informan tamén de que están á espera dalgún resultado de PCR.

Tanto os positivos como o resto do equipo atópanse no seu fogar facendo cuarentena, e están todos en bo estado. Grazas a poñer en marcha o protocolo no mesmo momento de coñecer a posibilidade de seren positivos os tres primeiros casos puidose evitar unha propagación tamén no ámbito social.

AVANTAR ACTIVIDADES