O Festival de Teatro Galego comeza a anunciar os cursos desta 31ª edición

O FETEGA animando a previa das obras de teatro no anfiteatro da Veracruz.

A dirección do Festival de Teatro Galego, que celebra a súa 31ª edición no Carballiño, comeza a anunciar as actividades que darán forma a este ano atípico. A primeira actividade programada será un obradoiro de escrita dramática, que se celebrará os días 21 e 28 de agosto máis un día a convir entre a organización e o alumnado.

A encargada de impartilo será Avelina Pérez e a actividade ten o nome de “Traspasar os lindes con/desde/sobre o desexo”. Este curso celebrarase na Sala Virtual do FETEGA e terá un custo de 50 euros. Para poder participar nesta actividade será necesaria inscripción previa no correo electrónico festivaldoteatrogalego@gmail.com e o aforo estará limitado a 12 persoas. A aceptación destas inscripcións farase por orde de ingreso do importe da inscripción.

AVANTAR ACTIVIDADES