O mago Marcos Waldemar presenta o sábado o seu espectáculo “Inherente” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un show de maxia “(uni)personal”. Éste é “Inherente”, o espectáculo que ofrecerá o mago Marcos Waldemar o vindeiro sábado, 18 de abril, no Auditorio Manuel María do Carballiño, a partir das 20,00 horas.

O propio Marcos presentou esta mañá esta actuación na Casa do Concello carballiñesa na compaña de parte do seu equipo e do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que relatou a traxectoria deste artista galego, “que recentemente se proclamou semifinalista do famoso concurso televisivo Got Talent, e que vén de protagonizar unha xira polos Estados Unidos”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Pola súa banda, Marcos Waldemar lembrou os seus comezos, precisamente no Carballiño, “onde me deron a oportunidade de participar no festival de San Juan Bosco”. Unha data ‘máxica’, a do 31 de xaneiro, “o día que nacín, por iso nacín para ser mago”, apuntou, e tamén fixo referencia ao seu antepasado Waldemar, “un mago que dicían convertía os papeis dos xornais en billetes e que foi capaz de deter o tráfico no Golden Gate”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As entadas para asistir a esta función están xa a venda anticipada, ao prezo de 14 euros, na dirección entradium.com, ou tamén se poderán adquirir o mesmo sábado na taquilla do Auditorio carballiñés.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------