O goberno local responde ás críticas pola difusión das bases das axudas da Covid-19

A formación de Espazo Común anuncia que acaba de saber que membros do goberno do Concello do Carballiño están difundindo as bases das axudas para pemes e autónomos vía whatsapp a persoas afíns e determinados sectores antes da súa publicación no BOP e polo tanto de que sexan oficiais.

Segundo este grupo aseguran que trátase dun “manexo interesado de información privilexiada absolutamente impresentable e ilegal”. O portavoz da formación recalca os problemas que están a verse co secretario provincial Rafael Villarino, que denunciou feitos similares na Deputación de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas bases aínda non se fixeron públicas. No pleno do mes de xullo o goberno local presentaba o pliego á corporación pero finalmente tivo que sacarse da orde do día xa que si eran aprobadas en sesión plenaria os trámites buracráticos retrasarían o cobro das pemes e autónomos. Deste xeito decidiuse que serían aprobadas en xunta de goberno, para axilizar o proceso. Foi no mes de mayo cando a totalidade da corporación aprobou o presuposto destinado ás axudas para paliar os efectos do coronavirus, que supera os 1,9 millóns de euros.