Que se poderá facer en Galicia a partir das 00:00 horas de hoxe?

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 17/07/20.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte un paquete de medidas para tentar frear a curva da covid-19 neste punto no que a situación galega atópase desbordada ante os novos contaxios, superando hoxe os 20.000 casos activos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cando entran en vigor?

Estas medidas estarán en vigor durante tres semanas, dende as 00:00 horas do 27 de xaneiro ata as 00:00 horas do 17 de febreiro.

Cales son as medidas vixentes?

  • Peche total da hostalaría, salvo servicio para levar.
  • As interaccións sociais quedan limitadas a persoas conviventes.
  • Redución de mobilidade fora dos concellos salvo por traballo, educación e sanidade.
  • O toque de queda mantense ás 22:00 horas, a pesar de que o goberno galego solicitará de novo ó Estado poder amplialo.
  • O comercio esencial poderá abrir en horario habitual e o non esencial so poderá estar aberto ata as 18:00 horas.
  • A práctica deportiva está restrinxida á práctica ó aire libre, individual e no propio concello. Deste xeito, os ximnasios volverán a pechar as súas portas.
  • Prodúcese tamén o peche total de centros sociais, museos, bibliotecas ou establecementos culturais e de espectáculos.