Ribeiro en Común reclama ó Concello unha campaña de cumprimento da norma anti-Covid19.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A formación de Ribeiro en Común recorda que a crise da Covid-19 aínda está presente nas vidas dos cidadáns. Por iso reclámanlle ó Concello que actúe en consecuencia con esta preocupación social e reforce a través dunha campaña e de vixilancia policial o cumprimento de protocolos e da normativa das autoridades sanitarias.

Consideran dende a formación que o Concello non se pode relaxar na prevención e seguridade, aínda menos en horario nocturno e de fin de semana. Por iso reclaman que o Concello non se desentenda destas situacións que non respectan a convivencia veciñal e a seguridade pública, como afirman que está acontecendo no que vai de verán.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribeiro en Común asegura que son numerosas as queixas veciñais do casco histórico nas noites das últimas fin de semanas. Algunhas das que afirman que lle transmitiron foron ruídos graves a altas horas, festas privadas, e reunións en espazos públicos que incumpren tanto a normativa anti-ruídos como tamén as sanitarias de prevención anti-Covid19.

Por todo isto, a pasada fin de semana, Ribeiro en Común rexistrou unha petición para solicitar que o Concello establecera gardas nocturnas para as fin de semana, e que o Concello solicite aos responsables da Garda Civil a colaboración e a implicación nestas tarefas e funcións, pois dende a formación son coñecedores de que nestes momentos os recursos de Policía Local son limitados.

Desde o Concello, tanto goberno como oposición, cren que non poden permitir que casos illados empañen o bo comportamento e a enorme responsabilidade que está demostrando a inmensa maioría da nosa sociedade e da veciñanza de Ribadavia, así polo menos o faremos desde Ribeiro en Común.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------