O Ourenrock Sound establece unha serie de medidas para a súa celebración en Ribadavia

ÁS 12.00 horas: Presentación de "OurenRock Sound" 2020.- No castelo de Ribadavia, presentación do festival "OurenRock Sound" 2020. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o director do festival, Rubén Álvarez; e o presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro.

O auditorio do castelo de Ribadavia acollerá o vindeiro 23 de agosto a quinta edición do festival “OurenRock Sound”. O cartel conformano os artistas Xoel López, Sés, e Os amigos dos músicos.

Para a celebración deste evento garantindo a seguridade, a organización estableceu unha serie de medidas, que detallamos a continuación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os horarios de apertura de portas son ás 18:15 horas e os concertos terán o seguinte horario: Os Amigos Dos Músicos será ás 19:00 horas, Sés (acústico) ás 20:30 horas e Xoel López ás 22:20 horas. Para estas actuacións xa non entradas en taquilla, o aforo está completo, e non se permitirá acceder ó recinto despois das 21:30 horas. Recomendase acudir con tempo á taquilla para o acceso e que se faga coas persoas coas que se convive para poder sentarse xuntos, ademáis, deberán corresponder as entradas co DNI das persoas que vaian a acceder ó recinto. Os asentos ocuparanse por orde de chegada e non se poderá cambiar de ubicación.

A máscara será obrigatoria en todo o recinto. O evento conta con barra e a maiores camareiros que servirán cervexa na tua cadeira para non ter que levantarte. Na taquilla ou barra podese mercar un vaso reutilizables por 1€ para uso individual e intransferible. Está PROHIBIDO fumar na cadeira. Só se poderá fumar nos descansos previa autorización do personal de seguridade e na zona habilitada para elo.(cumprindo sempre Unha distancia de 2 m. Pódese acceder con comida o recinto..os restos de film ,aluminio etc…deberá ser recollido