Comezarón as obras de asfaltado entre As Caldas e o Torrón

Deron comezo as obras de asfaltado e cunetas entre As Caldas e O Torrón. Estas obras execútanse en colaboración coa Deputación provincial, e forman parte dun conxunto de proxectos que se desenvolverán durante este ano, e moitos dos cales comezarán as próximas semanas.

Dunha parte, entre estes proxectos, que financia o concello co superávit do ano 2018, cunha inversión de case 600.000 euros, inclúense as seguintes obras de mellora de saneamento, asfaltado e beirarrúas nas rúas Saleta, Magdalena, San Benito e Solaina; Baleares, Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Extramadura, Madrid e Cataluña; Bearíz, Boborás, Leiro, Maside, Punxín e San Amaro; Eusebio Lorenzo e Blanco Amor; así como o plan de iluminación led entre O Torrón e As Caldas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamen se levarán a cabo co financiamento do concello as obras de renovación do saneamento na Baixada a Flores e rúa Azucena, a mellora de diversas rúas en Arcos e a ampliación da rotonda de Flores en Aquilino Sánchez.

Doutra parte, figuran os proxectos que se realizan en colaboración con outras administración, e que son: Plan de cambio da iluminación led en parroquias do rural, melloras no paseo do río Arenteiro, asfaltado e cunetas entre Mudelos e Paciños, asfaltado no entorno do pavillón Paco chao, asfaltado das rúas Volante, Pico Sacro e Pena Grande.

En total, o investimento global previsto neste plan de inversións para a mellora de infraestruturas no municipio carballiñés é de 1,5 millóns de euros, aproximadamente.