O festival Ourenrock Sound arranca en Ribadavia

O auditorio do castelo de Ribadavia acolle a quinta edición do festival “OurenRock Sound”, que se está celebrando nestos momentos. O cartel conformano os artistas Xoel López, Sés, e Os amigos dos músicos.

Para a celebración deste evento garantindo a seguridade, a organización estableceu unha serie de medidas, que detallamos a continuación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora mesmo está a piques de comezar a actuación de Sés (acústico) ás 20:30 horas e Xoel López ás 22:20 horas. Para estas actuacións xa non entradas en taquilla, o aforo está completo, e non se permitirá acceder ó recinto despois das 21:30 horas. Recomendase acudir con tempo á taquilla para o acceso e que se faga coas persoas coas que se convive para poder sentarse xuntos, ademáis, deberán corresponder as entradas co DNI das persoas que vaian a acceder ó recinto. Os asentos ocuparanse por orde de chegada e non se poderá cambiar de ubicación.

A máscara será obrigatoria en todo o recinto. O evento conta con barra e a maiores camareiros que servirán cervexa na tua cadeira para non ter que levantarte. Na taquilla ou barra podese mercar un vaso reutilizables por 1€ para uso individual e intransferible. Está PROHIBIDO fumar na cadeira. Só se poderá fumar nos descansos previa autorización do personal de seguridade e na zona habilitada para elo.(cumprindo sempre Unha distancia de 2 m. Pódese acceder con comida o recinto..os restos de film ,aluminio etc…deberá ser recollido