O concello de Leiro pon solución a falta de luz no barrio dos Carrís

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O BNG de Leiro presentou un escrito no concello solicitando que se lles explique por qué  hai máis dun mes que algunhas rúas do barrio dos Carrís de Leiro está sen iluminación pública. Entenden que o concello debe garantir os servizos básicos dos veciños e denuncian esta  falta de iluminación, no que é o barrio máis habitado do concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Consideramos intolerábel que desde o concello se anuncie, en diferentes medios de comunicación, as obras e acondicionamento deste barrio mentres a veciñanza está sen luz pública desde hai máis dun mes.

Exixen que se resolva esta situación coa maior brevidade para minimizar os trastornos causados.

O alcalde, Francisco José Fernández, explicou os motivos de esta situación e adiantou a solución que na que están traballando.