Onte, un veciño de Loeda, no municipio de Piñor atopouse unha situación desoladora. Un ataque ó seu rebaño de ovellas por parte de dous cans saldouse con nove ovellas falecidas e outras nove feridas; entre eles catro cordeiros. O propietario sospeita que foron os mesmos animais ca os que lle produciron outro ataque neste mesmo mes e que deixou 13 mortes e 11 exemplares feridos. A finca está pechada e limita cun cemiterio e cunha fábrica de madeira. Sospeitan que os cans lograron levantar a alambrada que cubre o recinto. Ademais de avisar ó veterinario para tentar salvar a algún dos animais feridos, chamaron á Garda Civil, que acompañou ós propietarios no rastrexo na busca dos animais. A explotación nunca sufrira un ataque en anos ata este mes.
Hoxe acudimos á Policía Local para saber que se debería facer no caso de ocorrese un ataque deste tipo e se xa se produciron outros no Carballiño.
Francisco Valeiras asegura que no Carballiño xa teñen ocorrido sucesos deste tipo. O que se recomenda é poñerse en contacto ca Xunta de Galicia, que ten un departamento especializado neste tema, a través do teléfono de contacto do 012, o mesmo que para o aviso dun niño de vespa velutina. No momento no que se notifican os danos, axentes deste departamento desprázanse ó lugar para informar qué se debe facer cos restos e cal o procedemento a seguir. No caso de que fose un ataque de lobo, a Xunta faise cargo dos danos; no caso de ser animais soltos, sen dono, ou abandoados, debería ser cada concello o que se fixera cargo, xa que é a súa responsabilidade garantir que non aconteza iso.
PUBLICIDADE
