A Federación de Comercio de Ourense presenta no Carballiño unha plataforma de comercio dixital

O confinamento durante o estado de alarma puxo de manifesto ainda mais se cadra a eiva na dixitalización do comercio local no que se refire a venda a través de Internet. Os comercios ou negocios cuxos produtos non están en ningunha plataforma de venda online están en clara desvantaxe. Nun momento no que as vendas baixan é necesario ter toda a información sobre novas ferramentas de venda. Unha información que a Federación de Comercio de Ourense achegou ao Carballiño.

Noelia Mares, xerente do CCA resaltaba a importancia que tiña para os negocios da nosa vila acudir a esta reunión que se celebraba na Casa da Cultura.

AVANTAR ACTIVIDADES

Eprox é unha plataforma de marketplace promovida pola  Federación de Empresarios de Ourense, para o comercio de proximidade, onde os negocios poderán amosar e vender os seus produtos e servizos; vantaxes e características que destacaba o alcalde Francisco Fumega.

Eprox ofrece aos usuarios a posibilidade de coñecer os produtos de proximidade a través dun sistema de xeolocalización e da a opción de poder poñerse en contacto directamente co provedor e mercar a través da páxina ou no propio local.

A alta e o mantemento na plataforma é gratuíto para o comerciante e por cada venda deberá abonar o 5% do prezo do produto só se a transacción é realizada a través da plataforma, ademais dun 2% que é para o cliente que o poderá gastar en futuras compras.

Haberá un xerente de contas para asesorar e responder todas as dúbidas da aplicación que teñan os empresarios tanto dos comercios como os produtores locais.

A 4 días do seu lanzamento xa hai 300 empresas de Ourense adheridas e 700 en toda Galicia e a previsión é amplialo a todo o territorio nacional.