Isidro Vidal actúa como convidado na vila de Chaves

O músico galego Isidro Vidal que durante estes últimos meses realizou máis concertos en Portugal que en Galicia, foi un dos artistas convidados á residencia artística que se realizou na vila de Chaves entre os días 26 e 29 de agosto, para establecer o plan de estudos oficiais de música portuguesa, onde ademáis estiveron presentes os músicos e docentes máis importantes de música tradicional portuguesa. Nesta visita ao país veciño non quedou fora a actividade musical, xa que a noite do venres 28 participou coa agrupación de música tradicional da Academía das Artes de Chaves no festival Identidades que se celebrou en Loivos.

O parón cultural producido polo covid19 parece non afectar á docencia segundo confirma Isidro Vidal: “O número de concertos baixaron un 90%, pero en cambio teño unha alta demanda para impartir aulas de música tradicional e folk, dentro e fora do país”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este último ano, Vidal centraba a súa actividade nas comarcas de O Carballiño e O Ribeiro, e no concello do Porriño, que compaxinaba con masterclass fora de Galicia. Para este novo curso sumará a Escola de Música da Limia e o Centro Superior de Música de Galicia onde se imparte o título superior de instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, e nos próximos meses abrirá as portas a súa propia academia de música tradicional e folk.