As forzas de seguridade controlarán a entrada de uva foránea

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, mantivo unha reunión de coordinación para o control de entrada de uva foránea, en coincidencia co inicio da vendima, con representantes da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, das Forzas e Corpos de Seguridade e dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe da provincia, entre eles, Juan Manuel Casares Gándara (da D.O. Ribeiro).

Na xuntanza realizouse unha valoración positiva das actuacións levadas a cabo polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na campaña do ano 2019 na que non se rexistraron incidencias graves en canto ao uso fraudulento de uva foránea. Os presentes na reunión coincidiron en afirmar que controlar o emprego da uva permitida por cada consello regulador é un dos puntos fundamentais para garantir a calidade dos viños na que se basea o prestixio das distintas Denominacións de Orixe da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por iso, articularase unha maior coordinación e información entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os responsables dos consellos reguladores das catro Denominacións de Orixe. Así mesmo, intensificarase a presenza física de axentes, o control de vehículos e a vixilancia nocturna.

Falando de vendima pero dun xeito totalmente distinto, mais lúdico, precisamente esta fin de semana pasada era a Festa da Vendima de Leiro.