Comezan hoxe as probas de acceso ó conservatorio e á escola de música do Carballiño

Publicidade ASPADISI

A Escola de Música e o Conservatorio Profesional do Carballiño prepáranse para o comezo dun novo curso, no que se se tomaron todas as medidas preventivas e de seguridade para poder desenvolverse coa máxima normalidade posible. Así, procedeuse a sinalizar o acceso ás aulas para evitar calquera tipo de contacto directo entre o alumnado e colocáronse dispensadores de xel hidoalcólico para lavar as mans, entre outras medidas establecidas na normativa polo coronavirus.

Hoxe e mañá, 3 e 4 de setembro, teñen lugar as probas de acceso, co seguinte calendario:

-Xoves, 3 de setembro: Probas de acceso ao grao elemental: percusión, ás 16,00 h., e piano, ás 17,00 h.

Publicidade Premer na Imaxe

-Venres, 4 de setembro: Probas de aptitude a 1º grao elemental, ás 17,00 h.

Así mesmo, segue aberto o prazo de inscrición, e as datas das matrículas son os días 7, 8, 9 e 10 de setembro.

A partir dos 6 anos pode cursarse música e movemento, e a partir dos 7 iniciarse en instrumento. Neste curso impartiranse tres novas materias, que son: batucada, música moderna e improvisación.