O PP de Ribadavia presenta unha moción ao pleno de xullo para solicitar a mellora da área de autocaravanas.

Os populares consideran que cómpre levar a cabo unha serie de actuacións na área para mellorar a experiencia dos visitantes.

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia denuncia presenta unha moción para o seu debate no pleno do mes de xullo na que se insta ao goberno a levar a cabo varias actuacións de mellora na área municipal de autocaravanas de Ribadavia, sobre todo tendo presente que coa chegada do verán o número de visitantes desta área medra exponencialmente.

AVANTAR ACTIVIDADES

As actuacións que suxiren os populares van encamiñadas en tres liñas fundamentais. En primeiro lugar necesítase colocar alumeado público na zona para mellorar a seguridade e a visibilidade dos usuarios. Por outra banda cómpre reforzar a dotación de contenedores de lixo na zona para dar un mellor servizo e favorecer a reciclaxe. E, por último, os populares solicitan a instalación dun sistema de recarga de electricidade previo pago, para dese xeito mellorar a experiencia dos visitantes e camiñar tamén cara a sustentabilidade e ao autofinanciamento da propia área de autocaravanas.

Os populares consideran que a área de autocaravanas está acollendo cada vez mais visitantes, polo que se fai necesario levar a cabo estas actuacións de mellora do entorno para garantir unha mellor experiencia aos usuarios e, ao tempo, trasladar unha mellor imaxe de Ribadavia a todas aquelas persoas que nos visitan.