Manuel Baltar: “Álvaro Fernández é un dos mellores alcaldes da provincia, a súa candidatura é unha garantía de éxito para o PPdeOU e, o máis importante, para A Rúa”

Álvaro Fernández destacou o balance destes catro anos, “cunha xestión municipal rigorosa e fiable, fundamental para poder acometer novas iniciativas”

  • O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación definiu no mitin, celebrado esta noite no Cine Avenida, a Álvaro Fernández coma “unha das realidades consolidadas a nivel provincial. Unha persoa que chegou á política hai catro anos, liderando unha candidatura nun concello como da Rúa, elixido alcalde porque así o quixeron os veciños e que formou parte durante este tempo como compañeiro no goberno provincial”
  • “Álvaro Fernández é un dos mellores alcaldes da provincia. É unha persoa traballadora, fiable, con moito futuro, que sabe expoñer as cousas e que sabe como xestionar grupos humanos e representar perfectamente ao seu concello”
  • “Agradezo moito que Álvaro se puxera de novo a disposición do partido para liderar unha magnífica candidatura, con gañas e ilusión de seguir facendo moitas cousas por A Rúa”
  • Resalta o balance destes catro anos e o futuro, “con proxectos que seguiremos desenvolvendo, coma sempre, co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, nuns meses, co Goberno central liderado polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”
  • “Este candidato e esta candidatura son unha garantía de éxito para o PPdeOU e, o máis importante, para A Rúa”
  • O Plan de Mandato 2127, explicou Manuel Baltar, pon no foco “seguir traballando as potencialidades da Rúa e toda Valdeorras, unha comarca realmente estratéxica para este goberno provincial como demostra a próxima apertura da delegación da Deputación neste concello”

ÁLVARO FERNÁNDEZ REMARCOU A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN DO GOBERNO PROVINCIAL E A XUNTA DE GALICIA

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Álvaro Fernández destacou o balance destes catro anos, “cunha xestión municipal rigorosa e fiable, fundamental para poder acometer novas iniciativas”
  • O candidato popular remarcou a importancia da colaboración do goberno provincial ourensán e a Xunta de Galicia, “con proxectos que serán realidade nos próximos meses como o novo centro de saúde ou a delegación da Deputación de Ourense”
  • Entre as iniciativas estratéxicas para este mandato, Álvaro Fernández destaca a “construción dun espazo museístico onde expoñer os fitos históricos e patrimoniais máis representativos do noso acervo cultural”
  • Álvaro Fernández avanza a creación dunha zona de restauración nas piscinas municipais, con vistas ao encoro, “para establecer a concesión dun servizo de cociña de calidade”. E tamén a construción dun espazo feiral céntrico para albergar eventos ou espectáculos
  • “Seguiremos humanizando espazos da nosa vila e renovando rúas, ademais de mellorar os servizos de saneamento e abastecemento necesarios”
  • “Construiremos un espazo adicado ao ocio da mocidade para que poidan desfrutar do seu lecer”, explica o candidato popular, que tamén aposta pola construción dun novo parque infantil para os rapaces
  • “Coa inauguración do novo centro de saúde, queremos concesionar as salas do vello ambulatorio para implementar servizos que non se estean a prestar no noso pobo”, explicou o candidato popular na súa intervención