O’Potiños presenta unha nova edición do Arenteiro Fotográfico

A mostra “Arenteiro Fotográfico”, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro en distintos espazos do Carballiño e a Almuzara, incluirá 16 exposicións individuais e colectivas de fotógrafos de toda Galicia, España e incluso do estranxeiro.

Esta iniciativa, que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, e que foi presentada esta mañá no salón de plenos do concello do Carballiño inaugurarase o día 3 de outubro na Casa da Cultura.

AVANTAR ACTIVIDADES

No acto de presentación estiveron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco.

Diego Fernández agradeceu o traballo que realiza a asociación O´Potiños e felecitou ao colectivo por organizar un evento de tanta trascendencia, nunha situación como a que estamos, e que situará, unha vez mais, ao Carballiño como un referente fotográfico en Galicia nestes próximos meses, coa presencia de destacados fotógrafos de toda Galicia.

Manolo Blanco, informaba que este ano adiantouse a data para que no coincidira co Nadal. Esta edición terá unha homenaxe a fotografa Mari Izquierdo cuxa fotografía é a imaxe do cartel. Contará con 16 exposicións repartidas en distintas ubicacións do Carballiño e tamén na Almuzara.

Tamén vaise facer unha homenaxe a un persoeiro moi ligado ao Carballiño, a Moncho Fuentes, reporteiro gráfico en numerosos medios de comunicación.

Coma prato forte estará dando a master class no Carballiño os días 16, 17 e 18 de outubro Gervasio Sánchez, fotoperiodista bélico mundialmente coñecido. A presentación do día 16 ás 20h será de entrada libre e para as outras dúas xornadas haberá que inscribirse.