O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xurou o seu cargo o pasado sábado, nunha ceremonia diferente á das tres pasadas candidaturas. Nesta ocasión non houbo recepción na Praza do Obradoiro. Estivo acompañado pola súa familia e por representantes do Partido Popular coma Pablo Casado, Mariano Rajoy ou Ana Pastor. Neste acto, Feijóo emocionouse ó falar da terra na que naceu e que lidera outros catro anos máis. Falou da crise que estamos a vivir e do imprevisible que é saber as consecuencias, sobre todo económicas, que están por vir.
Ademáis, onte asinou o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que queda conformado do seguinte xeito: Alfonso Rueda como vicepresidente e conselleiro de Xustiza e Turismo; Francisco Conde, en Economía e Innovación; Valeriano Martínez, en Facenda e Administración Pública; Ángelez Vázquez, en Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Ethel Vázquez, en Infraestructuras e Mobilidade; Román Rodríguez, en Cultura, Educación e Universidade; María Jesús Lorenzana, en Emprego e Igualdade; Julio García en Sanidade; Fabiola García en Política Social; José González, en Medio Rural e Rosa Quintana, na consellería do Mar.