A aula Municipal de Teatro de Ribadavia acaba de abrir o prazo de inscrición para os grupos de infantil, primaria, secundaria e adult@s.

As clases impartiranse os “venres” pola tarde en diferentes horarios e poderían estar suxeitos a modificación se fose necesario por petición do grupo formado ou para manter os protocolos para seguir. Os horarios base son:

Primaria: 16:00- 17:30 h. Infantil: 17: 30- 18:30 h. Secundaria: 19:00- 20.30 h. Adult@ s: 20:30-22:00h.

O prazo de preinscrición está aberto ata o 24 de setembro ampliable se quedasen prazas. O inicio do curso será o venres 2 de outubro e celebranránse no Auditorio da Casa dá Cultura de Ribadavia

Para pedir nformación sobre o procedemento de inscrición pode facerse  na Casa dá Cultura, no teléfono 988 47 19 00 ou no correo electrónico casacultura@ribadavia.es.