A Mancomunidade organiza un taller para traballar cas emocións

O obradoiro “Pintando emocións” é un taller para familias no que  se empregará a creatividade e a pintura como medio para o traballo das emocións. As xornadas xa se celebraron a pasada semana en Piñor e no Irixo e esta semana pasarán a ser en San Amaro, na xornada de hoxe, ás 17:30 horas, no CEIP Eulogio Gómez Franqueira. Mañá sábado será en Beariz, ás 11:00 horas no centro educativo, e ás 17:30 horas en Boborás, no CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Para acudir será necesaria inscrición previa no concello correspondente ou no teléfono 988274010.