Onte comezou a volta ás aulas escalonada. Estivemos no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O curso escolar en Galicia deu comezo pola mañá coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en volver ás aulas foron os máis cativos, os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para a organización do alumnado nas aulas estableceuse un protocolo xeral que consiste en manter os grupos de convivencia estable, a obrigatoriedade do uso de máscara e da medición da temperatura de xeito previo no domicilio. No caso do alumnado transportado, engádese a asignación de asentos fixos para todo o curso escolar.

Badal Televisión estivo no centro educativo CEIP Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, para asistir de primeira man á volta ás aulas. Os máis pequenos amosáronse contentos pola volta ás aulas, motivados por volver a ver ós seus compañeiros logo de seis meses sen escola. Saben que situación non é a habitual e están concienciados en ter coidado.

O director, Javier Álvarez, contounos como afrontan este curso atípico e amosou a súa disposición total a escoitar a todos os pais como xa o fixeron nunha reunión previa.

Pola súa parte, os país amosáronse tranquilos con esta volta, xa que aseguran que ven o esforzo realizado dende os centros, con medidas máis amplas aínda ca o protocolo marcado.

Por outra banda, os pais tamén amosan a súa preocupación pola falta de previsión da Xunta de Galicia cas medidas e contratacións, asegurando que se anunciaron a escasos días do comezo das aulas.

Hoxe iniciaron o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

No que atinxe ao resto das ensinanzas non universitarias, o inicio de curso tamén se mantén para o 16 de setembro e de xeito gradual.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ofreceu onte aos centros educativos de Bacharelato e Formación Profesional optar pola semipresencialidade durante este curso, se así o precisan. Fíxoo nunha reunión do Consello Escolar de Galicia, onde escoitou as suxestións do profesorado, ANPAs, centrais sindicais, Administración local, Universidade, entre outros.

Poderán solicitala os centros que, polo número de ensinanzas que imparten, pola súa alta matrícula ou por razóns arquitectónicas, teñan dificultades para adaptarse ás medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19. Esta opción deberá ser autorizada pola Inspección educativa, e estará sempre vencellada ao contexto actual da pandemia.